Contacto Inicio
ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA E CULTURAL

Talleres de Música

Este proxecto pretende que os alumnos traballen a música, o ritmo, a creatividade plástica e a dramatización de modo interdisciplinar e interactivo, para conseguir que a través dunha única actividade, o alumno entre en contacto directo coa arte e reciba unha formación que abranga todos os aspectos e manifestacións relacionados coa mesma; queremos conseguir que nunha dimensión elemental a coñeza, a sinta, a viva e a cree.

Talleres de MúsicaUnha vez familiarizados do xeito máis sinxelo e lúdico coa música, a súa grafía e o ritmo (Talleres de Música e Movemento de 3 a 5 anos) os nenos vanse achegando ós diferentes instrumentos para familiarizarse co piano, o violín, a guitarra, a frauta e o violonchelo ata que deciden que instrumento queren aprender.

As clases de instrumento poden ser individuais ou en pequeno grupo.

Facemos tamén grupos de preparación para o conservatorio, preparando a proba de ingreso e traballando o ritmo, a entonación, a linguaxe musical e os dictados rítmicos e melódicos.

Xunta de Galicia
Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán © 2008.
Inscrita por Resolución 29/05/2001 correspondéndolle o nº 2001/000660-1 (SC) do Rexistro Central de Asociacións