

A Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán pon en funcionamento un programa para crear un espazo de formación permanente do profesorado en tres eidos de programación: recursos do profesorado, actualización docente e innovación educativa. A motivación para a creación deste espazo ven dada polos cambios sociais actuais que están a presentar un grupo de estudantes moi distinto ó que os profesores estiveron acostumados ata o de agora e que requiren unha nova forma de encarar o ensino.
O obxectivo inicial deste espazo de formación permanente e conseguir que o profesorado entenda e interveña na súa realidade educativa, ofrecéndolle recursos didácticos, actualizando as súas competencias profesionais e presentando innovacións no eido educativo.