ContactoLocalizacionInicio
Localizacion
 A s o c i a c i ó n    P e d a g ó x i c a    e    C u l t u r a l

Actividades Pedagóxicas

Somos conscientes de que cada día máis nenos precisan apoio escolar fóra do horario lectivo. As causas son moi variadas, desde patoloxías como o TDAH (síndrome de déficit de atención con ou sen hiperactividade), cada vez máis abundante entre os nosos escolares, ata atrancos debidos á insuficiencia recoñecida nas materias instrumentais, ás dificultades das linguas extranxeiras, á ausencia de hábitos de traballo e mesmo á imposibilidade de moitos pais e nais de adicarlles un rato polas tardes ós traballos escolares dos seus fillos e fillas de traballar en horarios cada vez máis longos e máis dispares co tempo libre dos cativos dificultando moito, cando non impedindo, a conciliación da vida familiar e laboral.

Esta situación, levounos a organizar a nosa actividade pedagóxica en varios Talleres e Actividades, e para eles contamos coa colaboración de profesores e profesionais do eido da educación.

Xunta de Galicia

Subvencionado pola Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Secretaría Xeral de Política Lingüística
Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán © 2009. Rúa Coronel Calaza, 11 bajo (15005) A Coruña
Inscrita por Resolución 29/05/2001 correspondéndolle o nº 2001/000660-1 (SC) do Rexistro Central de Asociacións